Comisiones Obreras - Federación de Ensino de Galicia

Comisiones Obreras - Federación de Ensino de Galicia
banner web

sábado 30 de xullo de 2016

A Federacion de Ensino de CCOO de Galicia denuncia un brutal recorte de prazas na adxudicación provisional nos corpos de pes e técnicos de fp.

O pasado venres 29 de xullo a Consellería publicou na súa web a asignación de prazas provisionais para  o vindeiro curso 2016/7 nestes corpos. Amortizan prazas de maneira sistemática en case todas as especialidades continuando coa política de recortes dos últimos anos. 

Unha das consecuencías desde recorte é o incremento da afinidade, que se xa de por sí é rexeitable porque supón un ataque á calidade do ensino público e ás condición laboráis do profesorado, este ano amplísea e xeneraliza a impartición de afíns por profesorado doutro corpo.       

Sería demasiado longo reproducir as barbaridades de todo o proceso de adxudicación; por eso imos por só un exemplo: no caso de FOL aparecen como afín nuns corenta casos e case sempre impartida por profesorado dun corpo distinto ao de PES e incluso nun mesmo centro dúas prazas da mesma especialidades teñen como afín FOL. 

Ista situación vai supor unha redución importante do número de interinos no corpo de PES e unha merma  na calidade do ensino público galego.

A Federacion de Ensino de CCOO de Galicia esixe á administración educativa galega que realice as modificaciones necesarias no perfil das prazas antes da adxudicación definitiva para solventar este problema e faga unha aposta seria  pola calidade  do ensino público.

A Federacion de Ensino de CCOO de Galicia denuncia un brutal recorte de prazas na adxudicación provisional nos corpos de pes e técnicos de fp.

sábado 30 de xullo de 2016

Documentos relacionados

Descarga o InfórmaTE