Comisiones Obreras - Federación de Ensino de Galicia

Comisiones Obreras - Federación de Ensino de Galicia
banner web

A Federación de Ensino de CCOO quere denunciar a precariedade dos traballadores do ensino e a súa repulsa ante as actuacións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

28.04.2014.

Con motivo do Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo, CCOO denuncia a ineficacia da actual política da Consellería de Educación e a negativa desta a cumplir cunha Sentenza do Supremo que a obriga a realizar as revisións médicas dos docentes.

A FECCOO lanza unha campaña de prevención de consumo de psicofármacos no sector.

  • A campaña, enmarcada na liña de traballo do sindicato sobre prevención de consumos inadecuados no ámbito laboral, céntrase no sector do ensino e a súa prevalencia na utilización de psicofármacos.
07.05.2012.

CCOO Ensino puxo en marcha unha campaña «Por un consumo responsable no ensino. Prevención do uso inadecuado de fármacos», dirixida ao conxunto de traballadores e traballadoras dos subsectores do ensino infantil, especial e secundario, tanto público como privado.

28 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DA SAÚDE E SEGURIDADE NO TRABALLO

24.04.2010.

O próximo 28 de abril celébrase o Día Internacional da Saúde e Seguridade no Traballo baixo o lema "Con Sindicatos o traballo é mais seguro"

COMPENSACIÓN DE GASTOS DE TRANSPORTE NOS CASOS DE ASISTENCIA SANITARIA

12.03.2010.

Resolución do 21 de outubro de 2009, da Secretaría de Estado da Seguridade Social, pola que se ditan instrucións para a compensación de gastos de transporte nos casos de asistencia sanitaria derivada de riscos profesionais e de comparecencias para a realización de exames ou valoracións médicas.

A desregulación lexislativa condena a seguridade e a saúde dos traballadores e a economía do noso país

  • REIVINDICACIÓNS 28 DE ABRIL
  • DÍA INTERNACIONAL DA SEGURIDADE E A SAÚDE NO TRABALLO
25.04.2014.

O TSXG obriga á administración a facer un recoñecemento médico anual ao profesorado

02.07.2012.

CCOO adheriuse á demanda e congratúlase deste recoñecemento dun dereito tan básico como é a vixiancia da saúde.

28 de Abril de 2012, Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo

28 de Abril de 2012, Día Internacional da Saúde e a Seguridade no Traballo

20.04.2012.

O 28 de Abril lembramos as traballadoras e traballadores que perderon a saúde e a vida como consecuencia das condicións en que realizaron a súa actividade profesional e para reivindicar fronte a empresas e a poderes públicos unhas condicións de traballo dignas, seguras e saudables.

CCOO-ENSINO denuncia á Consellería de Educación diante da Inspección Provincial de Traballo por non convocar aos Comités de Seguridade e Saude Laboral.

17.02.2011.

CCOO reclama da Inspección laboral que se adopten as medidas oportunas para corrixir esta situación e se produza a inmediata convocatoria do Comité de Seguridade e Saúde nos termos establecidos na Lei e se faga extensible esta convocatoria aos comités das outras provincias.

A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NOS CENTROS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

17.03.2010.

O Decreto 204/97 da Consellería de Presidencia (DOG 8/8/97) establece que a Consellería de Educación creará para o persoal en centros docentes un servizo de prevención propio. Desde esa data, ningún dos diferentes Secretarios e Secretarias Xerais ten impulsado, coa vontade que debera, o desenvolvemento duns medios persoais e materiais suficientes que fixeran posible a planificación e desenvolvemento das actividades preventivas e, sobre todo, que concienciaran ó conxunto da estrutura directiva da necesidade da integración da prevención coma un dos elementos básicos no deseño das políticas de persoal.

XUNTANZA COMISIÓN SEGUIMENTO ACORDO PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS NA XUNTA

15.12.2009.

Na xuntanza da Comisión de seguimento do Acordo de Prevención de Riscos Laborais, adaptouse o anexo relativo aos comités da consellería do ámbito de Función Pública ao novo Goberno Autonómico. Nesta xuntanza estaban presentes responsables dos tres ámbitos da Administración Autonómica: Función Pública/Xustiza, Educación e SERGAS, xunto cos representantes dos sindicatos asonantes deste acordo: CCOO, UGT e CSI-CSIF.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: