Comisiones Obreras - Federación de Ensino de Galicia

Comisiones Obreras - Federación de Ensino de Galicia
banner web

PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Dí NON aos RECORTES do GOBERNO!!

CONTRA A REFORMA LABORAL

CONTRA A REFORMA LABORAL

O 10 de febreiro de 2012, o Goberno aprobou, sen negociación nin consulta cos interlocutores sociais, a reforma do mercado de traballo mediante dun real decreto lei que, aínda que se tramitará no Parlamento como proxecto de lei, xa se aplica nas empresas con todas as consecuencias. A reforma laboral aprobada polo Goberno de Rajoy é o maior golpe ao dereito do traballo na democracia. Unha reforma laboral que abarata e facilita o despedimento, reforza o poder dos empresarios e consolida a precariedade do mercado de traballo.

EN DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS

EN DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS

CCOO rexeita a Lei de Medidas no Emprego Público.

NON Á XUBILACIÓN AOS 67 ANOS

Por unha pensión digna.

25 de Novembro: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Actuar e combater a violencia contra as mulleres, forma parte do noso compromiso social

QUERO SER DOCENTE, QUERO ENSINAR

Somos ensinantes porque gústanos e satisfácenos ensinar e educar, e porque sabemos que o noso traballo é necesario e útil. Somos conscientes de que a nosa primeira responsabilidade é ser bos profesionais e facer ben o traballo que no seu día eleximos e para o que cremos estar ben preparados.

29 DE SETEMBRO: FOLGA XERAL

As confederacións sindicais de Comisións Obreiras e da Unión Xeral de Traballadores tomamos a decisión de iniciar un proceso de mobilizacións que culminará coa celebración dunha folga xeral o próximo 29 de setembro, para expresar o contundente rexeitamento dos traballadores e traballadoras deste país ás políticas de recortes sociais e supresión de dereitos dos traballadores decretadas polo Goberno, baixo o amparo e escusa de directrices europeas.

NA DEFENSA DO GALEGO NO ENSINO PÚBLICO

CCOO reclama negociación e consenso reais antes de modificar calquera norma legal sobre o uso do galego no ensino e que non renunciará a participar en ningún foro de negociación no que se debata ou negocie o futuro do galego no sistema educativo