Comisiones Obreras - Federación de Ensino de Galicia

Comisiones Obreras - Federación de Ensino de Galicia
banner web

QUEN SOMOS?

CCOO é o primeiro sindicato do estado, tanto por porcentaxe de afiliación como por representatividade no ámbito confederal. Tamén somos o primeiro sindicato no ámbito do ensino.

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia está integrada por un importante grupo de traballadores/as que entendemos que o sindicalismo ha ser democrático e independente, reivindicativo e de clase, unitario, participativo e de masas, de mulleres e de homes, sociopolítico e internacionalista.

O noso obxectivo principal é a defensa dos intereses laborais, profesionais e pedagóxicos das persoas que traballan no ensino en todos os niveis educativos e, en igual rango de prioridade, a defensa dun ensino de calidade, participativo, laico, crítico e democrático, como instrumento dinamizador dunha sociedade máis xusta e máis libre e dunha convivencia pacífica, tolerante e non discriminatoria.

Neste sentido, CCOO leva acadado importantes melloras nos distintos ámbitos da vida laboral: nas retribucións, nos cadros de persoal, na xornada laboral e na conciliación coa vida familiar.

Mantemos o noso compromiso de loitar pola mellora das túas condicións laborais e esixirémoslle arreo á Administración garantías no desenvolvemento dos acordos asinados; pero a nosa forza acadámola coa túa axuda e a de quen, coma ti, loita por un ensino xusto e de calidade.

Os representantes de CCOO poñémonos ao teu dispor nos nosos locais para atender calquera tipo de consulta ou dúbida.